Xurxo González . Os cambios na dirección de Caixanova desatan os rumores sobre un próximo anuncio de integración.
07.02.2009 | 07:52
A cuestión da fusión de Caixanova e Caixa Galicia vén sendo recorrente nos últimos anos en ámbitos políticos. Este tipo de entidades financeiras están sometidas á lexislación autonómica e parte dos seus órganos de xestión están designados por distintas administracións públicas (deputacións, concellos). A crise financeira reavivou o debate sobre a súa conveniencia. As posturas oscilan entre o apoio á integración, como o BNG ou a indefinición cauta na que se moven PSdeG e PP, que apelan á independencia das caixas do poder político.Noutras comunidades do Estado, a fusión de caixas estúdase como unha saída ou consecuencia da crise financeira. Os resultados referidos ao ano 2008 que se empezan a coñecer coinciden nunha redución dos beneficios no sector das caixas, pero non en perdas xeneralizadas. Neste contexto, a fusión de Caixanova e Caixa Galicia reportaría beneficios no longo prazo, como unha maior capacidade e coordinación dos investimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario