jueves, 7 de enero de 2010

El DOG publica la modificación de la ley de cajas

05/01/2010 - Axencias

El Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes la modificación de la ley de cajas aprobada en el Parlamento el pasado día 29 por el PPdeG y el BNG que entrará mañana en vigor.

30 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

Lei 10/2009, do 30 de decembro, de modificación

do Decreto lexislativo 1/2005, do

10 de marzo, polo que se aproba o texto

refundido das leis 7/1985, do 17 de xullo,

e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros

de Galicia.

Exposición de motivos

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo

30.I.5, indica que, de acordo coas bases e a ordenación

da actuación económica xeral e a política

monetaria do Estado, lle corresponde á Comunidade

Autónoma galega, nos termos do disposto nos artigos

38, 131, 149.1, 11 e 13 da Constitución, a competencia

exclusiva en materia de caixas de aforros.

Nesta modificación lexislativa preténdese afondar

no exercicio e no reforzamento destas competencias

estatutarias, considerando a especial natureza xurídica

deste tipo de entidades, á vez mercantís e fundacionais.

As caixas de aforros son entidades financeiras

pero de indisoluble natureza fundacional.

Deste xeito, a súa vertente social vese irremediablemente

unida á súa actividade financeira, polo que

precisa da súa eficiencia e da súa solvencia.

A crise financeira actual está a deixar sentir a súa

pegada no financiamento do tecido empresarial vinculado

aos sectores produtivos estratéxicos da nosa

economía. As caixas de aforros, alén do seu carácter

de entidades que se dedican aos servizos financeiros,

teñen unha vocación social e unha vinculación

co territorio no que se asentan, debido á súa natureza

fundacional, e son un instrumento fundamental

no financiamento da economía galega. Esta función

ha servir para contribuír a mellorar o nivel socioeconómico

de Galicia, que devén máis necesaria nunha

situación como a actual de recesión económica e de

dificultades financeiras.

En termos xerais, as modificacións introducidas

nesta lei pretenden afondar tanto na modernización

da representación territorial, institucional e privada

coma na eficacia no seu funcionamento e cumprimento

de funcións. Incídese decisivamente na independencia

e despolitización destas entidades e restrínxeselles

o acceso a cargos electos, altos cargos e

similares.

De cara a unha maior transparencia e seguridade

xurídica, dótase de carácter constitutivo o rexistro

de altos cargos, que deixa de ter un carácter simplemente

informativo.

Respectando a actual natureza xurídica e a tradicional

vinculación territorial das caixas, esta modificación

lexislativa pretende adaptar a representación

dos órganos de goberno á realidade territorial

actual, considerando o ámbito das entidades e a

representatividade das súas institucións. Deste xeito

dáselle entrada na representación ao Parlamento

de Galicia e modifícase o sistema de elección das

entidades representativas de intereses sociais.

Avánzase na despolitización destas entidades e

establécese a incompatibilidade dos cargos electos e

altos cargos para acceder a postos nos órganos de

goberno. Ao tempo, búscase a especial cualificación

das persoas que accedan en representación pública

ou representativa.

Enuméranse as diferentes comisións delegadas do

consello de administración e increméntase a periodicidade

mínima de reunións da comisión de control.

Establécense as causas de incompatibilidade e o

cesamento dos conselleiros xerais e o xeito de acceso

ao consello de administración e á comisión de control.

Aclárase a autorización dos sistemas institucionais

de protección, figura creada con posterioridade á

anterior lei, aínda que estaba implicitamente prevista

no artigo 35.3 do noso texto refundido.

Trátase, en suma, de modernizar os órganos de

goberno, dotándoos de maior independencia e autonomía

e recollendo a pluralidade e realidade social

e política actual.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou

e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto

de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de

febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

promulgo en nome de El-Rei a Lei de modificación

do Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo

que se aproba o texto refundido das leis 7/1985, do

17 de xullo, e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de

aforros de Galicia.

Artigo 1º.-Modificacións no título I do Decreto lexislativo

1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o

texto refundido das leis 7/1985, do 17 de xullo, e

4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia.

Modifícanse os artigos que seguidamente se relacionan

do título I do Decreto lexislativo 1/2005, do

10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

das leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de

maio, de caixas de aforros de Galicia:

Un.-O artigo 2 queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 2º.-Concepto de caixa de aforros.

Entenderase por caixa de aforros, para os efectos

deste texto refundido, a entidade financeira de

carácter social, de natureza fundacional e sen finalidade

lucrativa que, baixo o protectorado público

exercido polo Goberno da Comunidade Autónoma de

Galicia a través da consellaría competente en materia

de política financeira, se dedica á actividade

financeira e á prestación de servizos conexos, destinando

parte dos seus excedentes a accións sociais e

contribuíndo a un maior desenvolvemento socioeconómico

de Galicia».

Dous.-O artigo 5 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 5º.-Acción de goberno.

A acción do Goberno da comunidade autónoma, no

marco das bases e da ordenación da actividade ecoN

º 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 31

nómica xeral e da política monetaria do Estado,

levarase a cabo baixo os seguintes principios:

a) Velar pola independencia das caixas de aforros

e defender a súa natureza fundacional, prestixio e

estabilidade.

b) Vixiar o cumprimento por parte das caixas de

aforros da súa función económico-social, de acordo

cunha adecuada política de administración e de

investimento do aforro privado.

c) Procurar a estabilidade económica e financeira

das caixas de aforros así como a total transparencia

dos mercados onde operan, e crear os mecanismos

oportunos para que os clientes das caixas dispoñan

de toda a información necesaria.

d) Establecer mecanismos de cobertura e protección

dos clientes.

e) Estimular todas as accións lexítimas das institucións

de aforro encamiñadas a mellorar o nivel

socioeconómico de Galicia.

f) Garantir os principios de democratización,

transparencia e eficacia na configuración, elección e

no funcionamento dos órganos de goberno das caixas

de aforros.

g) Fomentar a cooperación das caixas de aforros

galegas.

h) Velar para que exista unha organización administrativa

e contable e uns procedementos de control

internos axeitados».

Artigo 2º.-Modificacións no título II do Decreto

lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba

o texto refundido das leis 7/1985, do 17 de xullo,

e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de

Galicia.

Modifícanse os artigos que seguidamente se relacionan

do título II do Decreto lexislativo 1/2005, do

10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

das leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de

maio, de caixas de aforros de Galicia:

Un.-O artigo 6 queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 6º.-Principios xerais de actuación das

caixas de aforros.

1. As caixas de aforros teñen un dobre carácter:

social e fundacional, pola súa finalidade e aplicación

de excedentes, e de entidade financeira, por

razón da súa actividade.

2. As caixas de aforros garantirán unha xestión eficaz

dos recursos que lles son confiados, para o que

asegurarán a súa estabilidade, o coidado permanente

da súa solvencia e a aplicación do excedente económico

aos fins previstos neste texto refundido.

3. Os órganos de goberno da caixas de aforros

actuarán con dilixencia, lealdade e confidencialidade

».

Dous.-O artigo 7 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 7º.-Organización democrática.

1. A estrutura e a composición dos órganos de

goberno das caixas de aforros serán democráticas.

2. Os membros dos órganos de goberno das caixas

de aforros coidarán dos intereses fundacionais da

caixa, dos dos seus depositantes e dos do territorio

onde estas desenvolvan a súa actividade, con plena

independencia de calquera outro interese que lles

puidese afectar.

3. Así mesmo, garantirán a transparencia e eficacia

nas actividades que desenvolvan, para o que

favorecerán a participación dos impositores e clientes

nos asuntos de interese para as caixas de aforros,

difundirán dun xeito constante información obxectiva

sobre a súa situación e promoverán o emprego das

novas tecnoloxías da información».

Tres.-O artigo 15 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 15º.-Situación de déficit patrimonial.

Cando os recursos propios dunha caixa resultasen

insuficientes para garantir a solvencia da entidade,

deberán producirse:

a) Novas achegas dos fundadores, suficientes para

cubrir o déficit patrimonial existente.

b) A incorporación de persoas ou entidades públicas

ou privadas que, con idéntica consideración

xurídica que a dos fundadores, acheguen en concepto

de ampliación do fondo fundacional os recursos

suficientes para cubrir o déficit existente.

c) Calquera outra medida prevista na normativa

básica do Estado, logo de autorización dos órganos

competentes da Comunidade Autónoma de Galicia

de acordo coa normativa vixente».

Catro.-Engádenselle ao artigo 18 as alíneas 4 bis e

5 bis coa seguinte redacción:

«4 bis. O órgano competente para acordar a emisión

de cotas participativas é a asemblea xeral. O

acordo de emisión debe ser autorizado pola consellaría

competente en materia de política financeira».

«5 bis. A caixa de aforros levará un rexistro de

cotapartícipes».

Cinco.-O artigo 23 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 23º.-Rexistro de órganos de goberno e de

altos cargos.

1. Na consellaría competente en materia de política

financeira existirá un rexistro público no que se

deberán inscribir os nomeamentos, reeleccións e

cesamentos dos membros dos órganos de goberno e

dos directores xerais das caixas de aforros con domicilio

social en Galicia.

2. O contido e o acceso ao rexistro dos órganos de

goberno e de altos cargos das caixas de aforros galegas

desenvolverase regulamentariamente. En todo

caso, a inscrición neste rexistro ten carácter constitutivo,

de xeito que os nomeamentos, reeleccións e

cesamentos non terán eficacia vinculante e executiva

ata a comunicación á entidade da inscrición

daqueles.

3. O prazo para a inscrición e notificación á entidade

será dun mes a partir da entrada na consellaría

competente en materia de política financeira da solicitude

de inscrición, solicitude que deberá remitirse

32 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010

nun prazo máximo de dez días desde o acordo, xunto

coa documentación xustificativa do nomeamento,

da reelección ou do cesamento. O silencio administrativo

terá carácter positivo.

4. As altas e baixas deste rexistro seranlle notificadas

ao Banco de España. Poderá emitirse certificación

por instancia de calquera persoa que xustifique

o seu interese».

Seis.-O artigo 24 pasa a formar parte da sección

primeira do capítulo III do título II, e queda redactado

da seguinte maneira:

«Artigo 24º.-Funcionamento dos órganos de goberno.

1. Correspóndelle ao presidente de cada órgano de

goberno, ademais da representación do órgano:

a) Ordenar a convocatoria das sesións e fixar a

orde do día, tendo en conta, se é o caso, as peticións

formuladas polos demais membros do órgano, segundo

o procedemento e os prazos que se prevexan nos

estatutos.

b) Presidir as sesións, moderar os debates, suspendelos

por causas xustificadas e dirimir co seu voto os

empates.

c) Asinar as actas e as certificacións dos acordos

do órgano.

2. Correspóndelle ao secretario de cada órgano de

goberno:

a) Efectuar a convocatoria das sesións por orde do

seu presidente e citar os membros do órgano coa

antelación que se sinale nos estatutos, así como

remitirlles a documentación necesaria para a análise

dos asuntos que figuren na orde do día.

b) Realizar as comunicacións do órgano cos seus

membros e coas administracións públicas ás que

teña que remitir a documentación.

c) Redactar e autorizar as actas das sesións e expedir

as certificacións dos acordos adoptados.

3. A convocatoria e a remisión da información que

deban analizar os membros dos órganos de goberno

poderá realizarse por medios informáticos sempre

que garantan a confidencialidade e impidan a súa

difusión pública.

4. Calquera membro dun órgano de goberno poderá

solicitar copia das actas dos acordos adoptados

polo dito órgano, e deberá serlle remitida nun prazo

máximo de dez días. O contido destas actas estará

suxeito ao deber de confidencialidade.

5. Os membros dos órganos de goberno das caixas

de aforros estarán obrigados a gardar secredo respecto

das informacións e confidencias que coñezan

no exercicio das súas funcións.

6. As deliberacións dos órganos de goberno serán

secretas, agás que o propio órgano acorde expresamente

a posibilidade de difusión.

7. Os estatutos das caixas de aforros regularán a

forma na que haberán de facerse públicos os acordos

dos seus órganos de goberno.

Porén, os órganos de goberno poderán restrinxir a

difusión dos seus acordos durante o tempo e na medida

na que resulte necesario para a súa actividade.

8. A violación do deber de segredo constitúe xusta

causa de cesamento das previstas neste texto refundido,

sen prexuízo das responsabilidades que puidesen

proceder».

Sete.-O artigo 25 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 25º.-Asemblea xeral.

1. A asemblea xeral é o órgano supremo de goberno

e de decisión das caixas de aforros, e consta de

160 membros, que teñen a denominación de conselleiros

xerais.

2. Os sectores representados na asemblea xeral e

as porcentaxes de representación son os seguintes:

a) A comunidade autónoma a través do Parlamento

de Galicia: co 20%.

b) Corporacións locais en cuxo termo teña oficinas

a entidade: co 20%.

c) As entidades representativas de intereses colectivos:

co 10%. Dentro desta porcentaxe, o 25% será

para as entidades representativas das confederacións

de empresarios de Galicia, outro 25% para as

organizacións sindicais máis representativas de

Galicia, outro 25% para as restantes entidades con

representación no Consello Económico e Social de

Galicia, non mencionadas anteriormente, que non

teñan a consideración de administración institucional

ou corporativa, e o outro 25% para as asociacións

e institucións de carácter benéfico ou social de

recoñecido prestixio e representatividade no ámbito

territorial de actuación da caixa de aforros, designadas

por orde da consellaría competente en materia

de política financeira, logo de consultadas as entidades.

d) Empregados da caixa de aforros: co 10%. Os

representantes dos empregados terán as mesmas

garantías que as establecidas no Estatuto dos traballadores

para os representantes legais dos traballadores.

e) Entidades fundadoras: ata o 10% na proporción

que figure nos estatutos de cada caixa. No caso de

non existir entidades fundadoras, ou non acadar o

10%, a súa representación atribuiráselles á Comunidade

Autónoma de Galicia e ás corporacións locais

a partes iguais.

f) Impositores: co 30%.

A representación das administracións públicas e

das entidades e corporacións de dereito público nos

órganos de goberno, incluída a que corresponda ás

entidades fundadoras cando estas teñan a mesma

natureza, non poderá superar no seu conxunto o 50%

do total dos dereitos de voto en cada un de tales

órganos tendo que estar representadas todas as entidades

e corporacións.

No caso de que por motivo do número de membros

da asemblea xeral o número de representantes non

sexa número enteiro, procederase a efectuar o

Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 33

redondeo por defecto e atribuiranse os restos de xeito

proporcional ao decimal máis alto. No caso de

haber dous grupos co mesmo decimal, a preferencia

determinarase segundo a orde da letra establecida

neste texto refundido. No caso de que, por aplicación

do redondeo, a representación pública puidera

superar o 50% do órgano, o grupo ou os grupos que

o fixesen superar cederán a orde aos seguintes non

públicos. Idéntico criterio seguirase nos restantes

órganos do goberno.

3. A designación dos representantes de cada sector

deberá realizarse tendo en conta as seguintes

normas:

a) A representación do Parlamento de Galicia

corresponderá á persoas residentes na Comunidade

Autónoma de Galicia, elixidas polo Pleno da Cámara,

e respectarase a proporcionalidade dos grupos

parlamentarios desta.

b) A representación das corporación locais corresponderalles

a persoas nomeadas polo pleno da corporación

por maioría, na proporción que resulte da

composición desta. No caso de que sexa un o que

haxa que elixir, serao por maioría absoluta.

c) A representación dos impositores e das corporacións

municipais deberá gardar proporción coa distribución

dos depósitos captados en cada comunidade

autónoma. Para tal efecto, o número de membros

do sector asignarase por comunidades autónomas en

función do volume de depósitos que supoñan as oficinas.

d) Os representantes dos empregados serán elixidos

polos propios empregados da caixa de aforros de

xeito proporcional aos votos obtidos nas listas presentadas.

A elección realizarase por votación persoal

e secreta de todo o persoal que teña, no momento

da votación, unha antigüidade mínima de dous

anos no cadro de persoal da caixa de aforros.

e) As entidades fundadoras dunha caixa de aforros

non poderán estar representadas nos órganos de

goberno de ningunha outra caixa que opere total ou

parcialmente no mesmo territorio.

f) Os representantes dos impositores serán elixidos

mediante sorteo público, notarial, directo e aleatorio,

e manterán a proporción coa distribución de

recursos alleos captados en cada comunidade autónoma.

No sorteo extraerase, ademais, un número de

suplentes que duplique o de titulares.

g) Os empregados da caixa de aforros poderán

acceder aos órganos de goberno exclusivamente en

representación dos empregados e, de xeito extraordinario,

en representación das entidades locais.

h) As persoas nomeadas en representación das

corporacións locais, do Parlamento de Galicia, das

entidades fundadoras e das entidades representativas

de intereses colectivos deberán ter os coñecementos

ou a experiencia en materia económica,

financeira ou xurídica que lles permitan adoptar

as decisións que afecten a entidade, con coñecemento

dos seus posibles efectos e das responsabilidades

que asuman. Así mesmo, non poderá

recaer en persoas que exerzan un cargo por mandato

representativo nin en persoas incluídas no

ámbito de aplicación da Lei 9/1996, do 18 de

outubro, de incompatibilidades dos membros da

Xunta de Galicia e altos cargos da Administración

autonómica, nin no persoal eventual ou directivo

das corporacións locais».

Oito.-O artigo 26 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 26º.-Requisitos dos conselleiros xerais.

1. Os conselleiros xerais deberán reunir os seguintes

requisitos:

a) Ser persoa física con residencia habitual na

zona de actividade da caixa de aforros.

b) Ser maior de idade e non estar incapacitado.

c) Os representantes dos impositores deberán ter a

condición de depositantes con dous anos de antigüidade,

como mínimo, no momento da súa elección, así

como un saldo medio en conta no semestre precedente

non inferior a 500 euros. Este importe poderá ser

revisado periodicamente pola consellaría competente

en materia de política financeira tendo en conta a

evolución do índice de prezos ao consumo.

d) Estar ao corrente no cumprimento das obrigas

que tivese contraídas coa caixa de aforros, por si

mesmo ou en representación doutras persoas ou

entidades.

e) Non estar incurso nas causas de inelixibilidade

ou incompatibilidade que se recollen neste texto

refundido.

f) Non ter cumpridos os 70 anos.

A perda de calquera dos requisitos anteriores,

incluído o cumprimento da idade prevista no punto

f), será considerada causa de cesamento por supor a

perda dos requisitos exixidos para o desempeño do

cargo, conforme o previsto no artigo 30º deste texto

refundido.

2. Idénticas condicións exixiranse para representar

a caixa de aforros tanto en sociedades participadas,

fundacións ou outros entes, como para ocupar

postos nos órganos de goberno en fundacións, entes

ou sociedades dependentes da caixa de aforros».

Nove.-O artigo 28 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 28º.-Incompatibilidades.

Os membros dos órganos de goberno non poderán

estar vinculados á caixa de aforros ou a empresas

participadas por esta en máis dun 20% directa ou

indirectamente, ou nas que exerza unha posición de

dominio, por contratos de obra, servizos, subministracións,

traballos retribuídos ou postos en órganos

de goberno durante o período no que exerzan esta

condición e nos dous anos seguintes ao seu cesamento,

agás a relación laboral cando a condición de

conselleiro xeral recaia nun empregado da caixa de

aforros».

34 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010

Dez.-O artigo 31 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 31º.-Funcións da asemblea xeral.

Correspóndenlle á asemblea xeral as seguintes

funcións:

a) Nomear os vogais do consello de administración

e da comisión de control entre os membros da propia

asemblea xeral.

b) Apreciar as causas de separación dos membros

dos órganos de goberno antes do cumprimento do

seu mandato, así como acordar a súa separación.

c) Aprobar e modificar os estatutos e os regulamentos

dos órganos de goberno.

d) Aprobar a fusión, liquidación e disolución da

caixa de aforros, así como os contratos de aseguramento

e garantía con outras entidades financeiras,

as delegacións de competencias noutros consellos ou

entidades e os sistemas institucionais de protección

ou figuras análogas.

e) Definir as liñas xerais do plan de actuación da

caixa de aforros, ás cales deberán someter a súa

actuación o consello de administración, a comisión

de control e os órganos directivos da caixa de aforros.

f) Autorizar a emisión de obrigas subordinadas,

participacións preferentes, cotas participativas e

calquera outro instrumento financeiro computable

como recursos propios.

g) Aprobar, se é o caso, a xestión do consello de

administración, así como as contas anuais, o informe

de xestión e acordar a distribución dos excedentes.

h) Nomear ou revogar os auditores de contas propostos

polo consello de administración.

i) Autorizar a creación de novas obras sociais, así

como aprobar a liquidación da obra social realizada

no exercicio anterior e aprobar os orzamentos para o

ano vixente.

j) Ratificar os acordos do consello de administración

polo que se nomee o director xeral.

k) Aprobar, por proposta do consello de administración,

o código de conduta e responsabilidade

social corporativa da caixa de aforros.

l) Calquera outro asunto que sexa sometido á súa

consideración polos órganos facultados para o efecto

».

Once.-O artigo 32 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 32º.-Convocatoria e realización da asemblea

xeral.

1. A asemblea xeral, ordinaria ou extraordinaria,

será convocada polo consello de administración

cunha antelación mínima de quince días e máxima

dun mes. Indicarase a data, o lugar, a hora e a orde

do día, así como a data, o lugar e a hora da reunión

en segunda convocatoria, e deberá publicarse cunha

antelación mínima de quince días no Diario Oficial

de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e nos xornais

de maior circulación na zona de actuación da

caixa de aforros, así como no sitio web institucional.

2. Cunha antelación mínima de quince días, a

caixa deberá remitirlles a cada un dos conselleiros

xerais a documentación xustificativa dos asuntos

que figuren na orde do día. No caso da asemblea

xeral ordinaria, entre a documentación remitida

deberán figurar as contas anuais e o informe de xestión,

a proposta de distribución de excedentes, o

informe anual da comisión de control e o informe de

auditoría.

3. Para a súa válida constitución en primeira convocatoria

a asemblea xeral precisará da asistencia

da maioría dos seus membros. En segunda convocatoria

será precisa a asistencia de máis dun terzo dos

conselleiros xerais, agás nos supostos nos que se

debata a emisión de cotas participativas, a separación

de membros dos órganos de goberno, a aprobación

ou modificación dos estatutos e dos regulamentos

ou a liquidación ou disolución da caixa de aforros,

en cuxo caso requirirase a asistencia da maioría

dos seus membros.

4. Os acordos tomaranse por maioría simple de

votos dos concorrentes, agás nos casos sinalados na

alínea anterior, nos que será necesario o voto favorable

de dous terzos dos concorrentes.

5. Cada conselleiro xeral ten dereito a un voto, e a

quen presida a reunión outorgaráselle voto de calidade.

En ningún caso se admitirá a asistencia á

asemblea xeral mediante representación, nin a delegación

do voto.

6. Presidirá a sesión o presidente do consello de

administración e actuará como secretario quen ocupe

o cargo de secretario do consello de administración.

En caso de ausencia do presidente, será suplido polo

vicepresidente e, en defecto deste, polo vogal do consello

de administración de máis idade, mentres que

no caso de ausencia do secretario será substituído

polo vicesecretario e, en defecto deste, polo vogal do

consello de administración de menor idade.

7. Asistirá á sesión, con voz e sen voto, o director

xeral da entidade.

8. Os acordos adoptados obrigan a todos os conselleiros

xerais, incluídos os ausentes e os disidentes,

e deberán constar en acta, que poderá ser aprobada

ao final da reunión pola propia asemblea, ou polo

presidente e dous interventores, designados nela,

nun prazo máximo de quince días. A acta terá forza

executiva a partir da data da súa aprobación e deberá

ser remitida no prazo máximo de quince días á

consellaría competente en materia de política financeira

».

Doce.-A alínea 2 do artigo 34 queda redactada nos

seguintes termos:

«2. A asemblea xeral extraordinaria será convocada

polo consello de administración cando o estime

conveniente para os intereses sociais, cando o solicite

un terzo dos membros da asemblea xeral ou cando

o solicite a comisión de control, sempre que neste

último caso se trate de materias de competencia

desta. A petición debe concretar a orde do día da

sesión e nesta só poderá tratarse o obxecto para o

que foi expresamente convocada, e a convocatoria

Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 35

debe realizarse nun prazo máximo de quince días

desde a presentación da petición sen que poidan

mediar máis de vinte días entre a data da convocatoria

e a sinalada para a realización da asemblea».

Trece.-O artigo 35 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 35º.-Funcións do consello de administración.

1. O consello de administración é o órgano de

administración e xestión ordinaria da entidade, así

como da obra social da caixa de aforros, sen máis

limitacións que as expresamente reservadas á asemblea

xeral e á comisión de control, e poderá delegar

as súas facultades en comisións delegadas, entre as

que será obrigatoria unha comisión delegada das

obras sociais. Así mesmo, constituirá no seu seo

unha comisión de retribucións e unha comisión de

investimentos.

2. A concesión de créditos, avais e garantías da

caixa de aforros aos vogais do consello de administración,

aos membros das comisións de control,

retribucións e investimentos, ao director xeral ou aos

seus cónxuxes ou parellas de feito, ascendentes,

descendentes, así como ás sociedades nas que as

persoas mencionadas teñan participación que, illada

ou conxuntamente, sexa maioritaria, posúan unha

posición de dominio ou desempeñen cargos de alta

representación, directivo ou asimilado, e o alleamento

á caixa de aforros de bens ou valores da súa

propiedade ou emitidos por tales entidades deberán

ser aprobados polo consello de administración da

caixa de aforros e deberanlle ser comunicados á consellaría

competente en materia de política financeira

para que preste autorización expresa.

3. O consello de administración poderá delegar

algunha ou algunhas das súas facultades de xestión

nos órganos de goberno das entidades que constitúan

e articulen alianzas entre caixas de aforros ou

os creados para o efecto no seo da Confederación

Española de Caixas de Aforros, coa finalidade de

reducir os custos operativos das entidades que a

integren, para aumentar a eficiencia sen poñer en

perigo a competencia nos mercados nacionais ou

para participar con volume suficiente nos mercados

internacionais de capital. Esta delegación manterase

en vigor durante o período da alianza ou mentres

as entidades non acorden a súa modificación

mediante o procedemento que previamente establecesen

para o efecto. Esta delegación non se estenderá

ao deber de vixilancia das actividades delegadas

nin ás facultades que respecto delas teña a comisión

de control.

Os acordos de delegación requirirán a autorización

previa da consellaría competente en materia de política

financeira, para os efectos de garantir que non

impliquen menoscabo da independencia da caixa de

aforros ou perigo para a súa estabilidade económicofinanceira.

No caso de sistemas institucionais de protección,

previstos pola normativa de recursos propios, ou

figura análoga que se puidese crear, a necesaria autorización

previa da consellaría competente en materia

de política financeira considerará, entre outras, adicionalmente

ao previsto no parágrafo anterior, as

consecuencias que puidesen derivarse da operación

para o cumprimento da finalidade financeira e social

da entidade en Galicia. Unha vez en funcionamento,

será obrigatoria a remisión á citada consellaría da

mesma información consolidada ou agregada que

deba remitírselle ao Banco de España».

Catorce.-Modifícanse a alínea 1 e os parágrafos

segundo e terceiro da alínea 2 do artigo 36 no

seguinte sentido:

«1. O número de vogais do consello de administración

será de 25».

«No previsto na letra b) do citado artigo 25º garantirase

como mínimo a presenza no consello de administración

de dúas entidades».

«No previsto na letra c) do xa citado artigo 25º

garantirase igualmente a presenza no consello de

administración de polo menos un representante das

entidades non fundadoras. Igualmente, o persoal

fixo do cadro da caixa de aforros contará cun representante

como mínimo. No caso de que por motivo

do número de membros do consello de administración

o número de representantes non sexa número

enteiro, procederase a efectuar o redondeo por

defecto, e atribuiránselle os restos de xeito proporcional

ao decimal máis alto. No caso de haber dous

grupos co mesmo decimal, a preferencia determinarase

segundo a orde da letra establecida nesta lei.

No caso de que, por aplicación do redondeo, a representación

pública puidese superar o 50% do órgano,

o grupo ou os grupos que o fixesen superar cederán

a orde aos seguintes non públicos».

Quince.-O artigo 37 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 37º.-Nomeamento, causas de inelixibilidade

e incompatibilidades.

1. Os vogais do consello de administración serán

nomeados pola asemblea xeral de entre os membros

de cada sector de representación e por proposta dos

conselleiros do respectivo sector que representen

cando menos un 15% do total dese sector.

Se por algún dos grupos se formulasen varias propostas,

estas serán sometidas previamente a votación

entre os conselleiros xerais do grupo, e atribuiranse

os postos no consello de administración que a

ese grupo lle corresponda en proporción ao número

de votos obtidos por cada candidatura proposta.

2. Os vogais do consello de administración estarán

afectados polas mesmas causas de inelixibilidade e

cesamento que as establecidas para os conselleiros

xerais.

Os estatutos da entidade fixarán a idade máxima

que poderán ter para o desempeño do cargo, sen que

poida ser esta idade superior aos 70 anos. Cumprida

esta, será causa inmediata de cesamento e serán

substituídos polos seus suplentes.

3. Coa excepción do Parlamento de Galicia,

ningunha entidade poderá ter máis dun representante

no consello de administración dunha caixa de afo36

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010

rros nin poderá estar representada simultaneamente

no consello de administración e na comisión de control

da mesma caixa de aforros.

Adicionalmente e coa excepción do Parlamento de

Galicia, ningunha persoa ou entidade poderá formar

parte nin estar representada no consello de administración

ou na comisión de control de máis dunha

caixa de aforros.

4. No caso de cesamento ou revogación dun membro

do consello de administración antes de finalizar

o seu mandato, será substituído durante o período

restante polo seu suplente. Para estes efectos, por

cada grupo de representación será nomeado un

suplente por cada titular. No caso de vacante por

non existir suplente, esta vacante cubrirase na primeira

asemblea que se realice».

Dezaseis.-O artigo 40 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 40º.-Sesións do consello de administración.

1. O consello de administración reunirase todas as

veces que sexa necesario para a boa marcha da entidade,

e como mínimo unha vez ao mes. Tamén deberá

reunirse cando o solicite un terzo dos vogais do

consello de administración. Para a súa válida constitución

é precisa a asistencia da maioría dos seus

membros.

2. A convocatoria corresponderalle ao presidente,

quen determinará os asuntos que deben figurar na

orde do día. Cando a convocatoria sexa por petición

dun terzo dos vogais do consello, a orde do día recollerá

as cuestións expostas polos solicitantes.

3. No caso de ausencia do presidente será suplido

polo vicepresidente e, en defecto deste, polo vogal

do consello de administración de máis idade, mentres

que no caso de ausencia do secretario será substituído

polo vicesecretario e, en defecto deste, polo

vogal do consello de administración de menor idade.

4. Os acordos adoptaranse por maioría dos conselleiros

asistentes, agás nos casos nos que os estatutos esixan

outra maioría. O presidente terá voto de calidade.

5. Ás reunións do consello de administración asistirá

con voz e sen voto o director xeral, agás para a

toma de decisións que o afecten».

Dezasete.-Modificase o artigo 41, que queda

redactado nos seguintes termos:

«Artigo 41º.-Comisións do consello de administración.

1. Ademais das comisións obrigatorias, que se

regulan nas seguintes alíneas deste artigo, o consello

de administración poderá delegar as súas facultades

nunha comisión delegada, agás as relativas á elevación

de propostas á asemblea xeral ou cando se trate

de facultades especialmente delegadas no consello,

salvo que fose expresamente autorizado para iso.

2. A comisión delegada das obras sociais estará

formada por tres membros do consello de administración

e terá a función de aprobar con carácter previo

as actuacións da obra social que non teñan que

ser autorizadas polo consello de administración ou

pola asemblea xeral. Así mesmo, nos meses de abril,

xullo, outubro e xaneiro analizará a execución da

obra social no trimestre anterior, e no mes de xaneiro

aprobará un informe que elevará ao consello de

administración e á comisión de control sobre a execución

da obra social no exercicio anterior.

3. A comisión de retribucións estará formada por

tres membros do consello de administración e terá a

función de informar o consello sobre a política xeral

de retribucións e incentivos para os membros do

consello e, especialmente, para o persoal directivo

da entidade.

4. A comisión de investimentos estará formada por

tres membros do consello de administración e terá a

función de informar o consello sobre os investimentos

e desinvestimentos de carácter estratéxico e

estable que efectúe a caixa de aforros, xa sexa directamente

ou a través de entidades do seu mesmo grupo,

así como sobre a viabilidade financeira dos citados

investimentos e a súa adecuación aos orzamentos

e plans estratéxicos da entidade. Os membros da

comisión serán designados atendendo á súa capacidade

técnica e experiencia profesional.

A comisión de investimentos deberá elaborar un

informe anual para a súa elevación ao consello de

administración, no que deberá incluírse un resumo

dos investimentos e desinvestimentos realizados no

ano, así como unha relación dos informes emitidos e

do seu sentido.

Enténdense como estratéxicos os investimentos e

desinvestimentos de participacións significativas en

sociedades ou a participación en proxectos empresariais

con presenza na xestión ou nos seus órganos de

goberno.

5. Todas as comisións delegadas designaraas o

consello de administración de entre os seus vogais.

Ningún vogal do consello de administración poderá

pertencer a máis dunha das comisións previstas nas

alíneas 2, 3 e 4 deste artigo».

Dezaoito.-O artigo 43 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 43º.-Comisión de control: composición e

reunións.

1. A comisión de control contará cun mínimo de

seis e un máximo de dez membros con voz e voto,

entre os cales necesariamente deberá atoparse un

representante de cada un dos sectores de representación.

A comisión nomeará entre os seus membros

con voz e voto un presidente e un secretario.

2. Asistirá ás reunións da comisión de control, con

voz e sen voto, un representante da consellaría competente

en materia de política financeira, elixido

entre persoas con capacidade e preparación técnica

adecuada. Poderá asistir ás reunións da comisión de

control, cando sexa expresamente convocado, o

director xeral da entidade, con voz e sen voto.

3. A comisión de control reunirase coa mesma frecuencia

quea o consello de administración. A convocatoria

corresponderalle ao presidente, quen determinará

os asuntos que deben figurar na orde do día.

Tamén deberá reunirse cando o solicite un terzo dos

Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 37

membros da comisión, en cuxo caso a orde do día

recollerá as cuestións expostas polos solicitantes.

Para a súa válida constitución é precisa a asistencia

da maioría dos seus membros con voz e voto.

4. Os membros da comisión de control e o representante

da consellaría competente en materia de

política financeira poderán solicitar do secretario do

consello de administración e do director xeral cantos

antecedentes e informacións consideren necesarios

para a discusión dos asuntos incluídos na orde do

día da sesión.

5. Na primeira semana de cada mes, o secretario

do consello de administración deberá remitirlles a

cada un dos membros da comisión de control, así

como ao representante da consellaría competente en

materia de política financeira, unha relación dos

acordos adoptados polo consello de administración e

por todas e cada unha das súas comisións delegadas

no mes anterior.

6. No caso de cesamento ou revogación dun membro

da comisión de control antes do remate do seu

mandato, será substituído durante o período restante

polo seu suplente. Para estes efectos, por cada

grupo de representación será nomeado un suplente

por cada titular.

7. Os membros da comisión de control non poderán

formar parte nin ocupar ningún cargo nas fundacións

que para a xestión da súa obra social poidan

constituír as caixas de aforros nin naqueloutras das

que, sendo constituídas por outras persoas físicas ou

xurídicas, poidan participar as caixas de aforros».

Dezanove.-Modifícase o artigo 45, que queda

redactado da seguinte forma:

«Artigo 45º.-O director xeral.

1. O director xeral será nomeado por maioría absoluta

polo consello de administración entre persoas

con capacidade, preparación técnica e experiencia

suficiente para realizar as funcións do cargo, e que

non concorra nelas ningunha das circunstancias previstas

no artigo 27 deste texto refundido. Este

nomeamento deberá ser ratificado pola asemblea

xeral e comunicado á consellaría competente en

materia de política financeira, con carácter previo á

súa toma de posesión.

2. O director xeral cesará por xubilación ou por

alcanzar a idade de 70 anos, e poderá ser removido

do seu cargo:

a) Por acordo de separación adoptado por maioría

absoluta do consello de administración, que deberá

ser ratificado pola asemblea xeral e comunicado á

consellaría competente en materia de política financeira

con carácter previo á súa efectividade.

b) En virtude de expediente disciplinario instruído

pola consellaría competente en materia de política

financeira, por propia iniciativa ou por proposta do

Banco de España.

3. O director xeral realizará as funcións que lle

atribúan os estatutos da entidade e as que lle delegue

expresamente o consello de administración, ben

con carácter xenérico, ben con carácter especial, e

en particular dirixirá a actuación dos órganos executivos

da caixa e desempeñará a dirección superior do

persoal».

Vinte.-A letra d) da alínea 2 do artigo 51 queda

redactada nos seguintes termos:

«d) A xustificación económica do proxecto de

fusión, na cal se incluirá unha memoria detallada na

que se acrediten os requisitos previstos no artigo 54º

deste texto refundido, a organización resultante, o

programa estratéxico da nova entidade que subscribirán

os administradores das entidades participantes

no proceso de fusión e as posibles consecuencias

da fusión sobre o emprego».

Vinte e un.-O artigo 54 queda redactado nos

seguintes termos:

«Artigo 54º.-Autorización das fusións.

1. As fusións das caixas de aforros deberán ser

autorizadas polo Consello da Xunta de Galicia, oído

o Parlamento de Galicia, logo da solicitude conxunta

das entidades que pretenden a súa fusión.

A fusión dunha caixa de aforros galega con outra

que teña o seu domicilio social fóra de Galicia deberá

ser autorizada conxuntamente polos órganos competentes

das comunidades autónomas afectadas e

determinarase, no acto autorizatorio, a proporción

que lles corresponderá ás administracións públicas,

ás entidades e ás corporacións de dereito público de

cada comunidade nos órganos de goberno da caixa

de aforros resultante da fusión.

Para conceder a autorización valorarase que o

domicilio social da caixa resultante da fusión se fixe

en Galicia e que se manteña unha axeitada presenza

territorial das oficinas en Galicia.

2. Para conceder a autorización serán requisitos

indispensables, entre outros:

a) Que a entidade absorbida ou as que desexen

fusionarse non estean en liquidación.

b) Que non derive prexuízo para as garantías dos

impositores ou acredores das caixas de aforros que

pretendan integrarse.

3. Regulamentariamente determinaranse os requisitos,

as condicións e o procedemento que se deberán

cumprir no proceso de fusión».

Artigo 3º.-Modificacións no título III do Decreto

lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba

o texto refundido das leis 7/1985, do 17 de xullo,

e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de

Galicia.

Modifícanse os artigos que seguidamente se relacionan

do título III do Decreto lexislativo 1/2005, do

10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

das leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de

maio, de caixas de aforros de Galicia:

Un.-O artigo 59 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 59º.-Actividade financeira.

1. As caixas de aforros, no marco dos principios

xerais recollidos no artigo 6º deste texto refundido,

38 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010

desenvolverán a súa actividade financeira con absoluta

liberdade, independencia e respecto ás leis.

2. A Xunta de Galicia coidará da transparencia

dos mercados e da solvencia das entidades e establecerá

os medios necesarios de protección aos

clientes».

Dous.-O artigo 61 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 61º.-Aspectos fundacionais.

A Xunta de Galicia realizará un labor de orientación

en materia de acción social, e indicará as principais

necesidades e prioridades, sen prexuízo da

liberdade da caixa de aforros en canto á elección dos

destinos concretos do gasto».

Tres.-O artigo 65 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 65º.-Autorización de determinados investimentos.

A consellaría competente en materia de política

financeira establecerá, en función dos recursos propios

ou totais da caixa de aforros ou en relación

cunha cantidade ou porcentaxe determinada, a

necesidade de autorización previa para os investimentos,

directos ou indirectos, en calquera clase de

activos -materiais, inmateriais, monetarios ou financeiros-,

así como para a concentración de riscos, de

xeito directo ou indirecto, nunha persoa ou grupo,

sen prexuízo da normativa básica aplicable».

Catro.-O artigo 74 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 74º.-Dotacións das obras sociais.

1. De acordo coa súa finalidade e natureza fundacional,

as caixas de aforros con domicilio social en

Galicia destinarán a totalidade dos seus excedentes

que non teñan que aplicar a reservas por mandato

legal á dotación de reservas voluntarias, a fondos

imputables aos copartícipes e á creación e ao mantemento

de obras sociais.

2. No caso de que as caixas encabecen un grupo

consolidable de entidades de crédito, o excedente de

referencia será o que resulte dos estados contables

consolidados.

3. Correspóndelle á consellaría competente en

materia de política financeira autorizar os acordos

aprobados pola asemblea xeral das caixas de aforros

con domicilio social en Galicia relativos á determinación

dos excedentes e á súa distribución consonte

a normativa aplicable, así como os relativos aos

orzamentos para o exercicio en curso, ás novas obras

sociais e á liquidación do exercicio anterior.

4. A consellaría competente en materia de política

financeira poderá, mediante convenio, acordar

anualmente coas caixas de aforros galegas a porcentaxe

dos seus excedentes que dedicarán a obras

sociais. No caso de que os sinalados convenios non

sexan asinados antes do 31 de marzo de cada exercicio,

a dita porcentaxe poderá ser establecida por orde

da consellaría competente en materia de caixas de

aforros, logo da audiencia das entidades afectadas.

Nos devanditos convenios estableceranse as principais

necesidades que deben cubrirse con carácter

prioritario, sen prexuízo da liberdade de cada caixa

en canto á elección dos destinos concretos do gasto».

Cinco.-O artigo 75 queda redactado nos seguintes

termos:

«Artigo 75º.-Destino da acción social.

1. As obras sociais deberán respectar os principios

de universalidade, publicidade e respecto da competencia,

e deberán dirixirse de xeito directo a

actuacións relativas á mellora do tecido produtivo

galego, ao desenvolvemento tecnolóxico e á investigación,

á formación profesional e empresarial e á

actividade emprendedora, ao fomento do emprego e

á educación en todos os niveis, á sanidade pública,

aos servizos de asistencia social, á integración de

colectivos marxinais e con menores niveis de ingresos,

á cultura e ao deporte base, especialmente nas

áreas xeográficas de actuación da caixa, sen que en

ningún caso poida reverter á caixa a través das súas

actividades de carácter financeiro.

Será preciso o informe favorable previo da consellaría

competente en materia de política financeira

para a realización de calquera obra social, propia ou

en colaboración, cando o importe que se vaia financiar

pola caixa no exercicio vixente e nos dous

seguintes sexa superior a 500.000 euros.

2. Para identificar aqueles proxectos concretos

que puidesen constituír os destinos da obra social

das caixas de aforros tomaranse como referencia os

estudos e as análises existentes sobre a realidade

socioeconómica de Galicia e aqueloutros que as propias

caixas de aforros poidan realizar con especial

referencia ao territorio que constitúe a súa zona de

influencia. En calquera caso deberanse ter en conta

tamén aqueles proxectos que potencien os sinais de

identidade de cada caixa de aforros.

3. As caixas de aforros que, sen ter a súa sede

social en Galicia, conten con oficinas na comunidade

galega deben efectuar investimentos ou gastos en

obra social en Galicia, e destinar para tal efecto

como mínimo a parte do seu orzamento anual da

obra social proporcional aos recursos captados en

Galicia respecto do total da entidade. A consellaría

competente en materia de política financeira velará

por que os destinos da acción social destas caixas de

aforros se adapten ás necesidades galegas.

4. Anualmente as caixas de aforros avaliarán en

que medida os proxectos realizados contribuíron a

mellorar a situación económico-social de Galicia.

5. Á acción social non xestionada directamente

polas caixas de aforros seranlle aplicables os mesmos

principios e criterios que á xestionada directamente

».

Disposicións adicionais

Primeira.-Fomento do uso da lingua galega na

actividade das caixas de aforros.

1. As caixas de aforros, de acordo coa súa vocación

social, favorecerán no seu ámbito a normalización

progresiva do uso da lingua galega e promoverán o

Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 39

seu uso, tanto nas comunicacións escritas coma orais.

2. As caixas de aforros galegas e as que operen en

Galicia deberán ofrecerlles aos seus clientes, no

ámbito da comunidade autónoma, a posibilidade de

formalizar contratos e recibir as comunicacións

periódicas que deban realizarlles en galego.

Segunda.-Substitución de referencias á Consellería

de Economía e Facenda.

As referencias á Consellería de Economía e

Facenda contidas no Decreto lexislativo 1/2005, do

10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

das leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de

maio, de caixas de aforros de Galicia, entenderanse

realizadas á consellaría competente en materia de

política financeira.

Disposición transitorias

Primeira.-Adaptación dos órganos de goberno.

1. Sen prexuízo do previsto no artigo 30 do texto

refundido da lexislación de caixas de aforros de

Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2005,

do 10 de marzo, dados os cambios porcentuais e sectoriais

que se introducen, no prazo máximo de dous

meses desde a entrada en vigor desta lei as caixas de

aforros con domicilio social en Galicia deberán proceder

a renovar a totalidade dos seus órganos de

goberno, adaptándoos ás disposicións que se conteñen

nesta lei.

2. Se algún dos membros dos novos órganos de

goberno desempeñase algún cargo con anterioridade,

para o cómputo total do seu mandato deberá terse

en conta o tempo que desempeñase o cargo con

anterioridade.

3. Se a caixa de aforros tivese comezado algún proceso

de renovación dos seus órganos de goberno no

momento da entrada en vigor desta lei, suspenderao

co fin de comezar uns novos procesos que se adecuen

ao previsto nesta lei.

4. Mentres non se produza a constitución dos

novos órganos de goberno, a administración, o control

e a representación das caixas de aforros seguirán

atribuídos aos actuais órganos de goberno, os

cales deberán adoptar os acordos necesarios para a

debida execución e cumprimento das normas contidas

nesta lei.

Segunda.-Normas para a primeira renovación dos

órganos de goberno.

1. A asemblea xeral constará de 160 membros, coa

seguinte distribución por sectores:

a) Parlamento de Galicia: 32 membros.

b) Corporacións locais en cuxo termo teña oficinas

a entidade: 32 membros.

c) As entidades representativas de intereses colectivos:

16 membros.

d) Empregados da caixa de aforros: 16 membros.

e) Entidades fundadoras: 16 membros.

f) Impositores: 48 membros.

No caso de non existir entidades fundadoras, a

representación do Parlamento de Galicia e das corporacións

locais será respectivamente de 40 membros.

2. Os conselleiros xerais serán designados nun

prazo máximo de corenta días naturais desde a

entrada en vigor desta lei do seguinte xeito:

a) Parlamento de Galicia: 32 membros, ou 40 no

caso de non haber fundadores, nomeados polo Pleno

por proposta dos grupos parlamentarios, na proporción

da composición do Parlamento de Galicia.

b) Corporacións locais: 32 membros, ou 40 no caso

de non haber fundadores. Asignaranse por comunidades

autónomas en función dos depósitos captados

nesa comunidade respecto dos depósitos totais da

entidade. Dous terzos dos representantes de cada

comunidade autónoma asignaranse en proporción ao

volume de depósitos que supoñan as oficinas situadas

no concello sobre o volume de depósitos na

comunidade autónoma. O terzo restante asignarase

por sorteo entre as corporacións restantes. No caso

de producirse decimais, procederase a efectuar o

redondeo por defecto e atribuiránselle os restos de

xeito proporcional ao decimal máis alto.

c) Entidades representativas de intereses colectivos:

catro membros serán nomeados polas confederacións

de empresarios de Galicia, catro polas organizacións

sindicais máis representativas de Galicia,

outros catro polas restantes entidades con representación

no Consello Económico e Social de Galicia,

non mencionadas anteriormente, que non teñan a

consideración de administración institucional ou

corporativa e outros catro polas entidades determinadas

por orde da consellaría competente en materia

de política financeira de entre as asociacións e institucións

de carácter económico, social ou cultural

de recoñecido prestixio no ámbito territorial de

actuación da caixa de aforros, logo de consultadas as

caixas de aforros.

d) Empregados da caixa de aforros: 16 membros elixidos

mediante sufraxio de entre todo o persoal con

máis de dous anos de antigüidade, sen considerar os

grupos laborais nin a distribución por categorías.

e) Entidades fundadoras: 16 membros, na mesma

proporción que figuren nos estatutos da entidade.

f) Impositores: os 48 membros distribuiranse por

comunidades autónomas en función dos depósitos

captados nesa comunidade autónoma respecto dos

depósitos totais da entidade, para o que se procederá

a un sorteo notarial directo no que se designarán

os 48 titulares e 96 suplentes.

3. Malia o establecido anteriormente, e para garantir

a continuidade dos órganos de goberno evitando

cambios radicais na súa composición en favor da eficacia,

procederase do seguinte xeito:

a) A designación da cota de empregados á que se

fai referencia na letra d) da alínea anterior producirase

un ano despois da data de constitución da

asemblea xeral, e continuarán ata esa data os representantes

en exercicio do cargo no momento da

entrada en vigor desta lei.

40 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 2 _ Martes, 5 de xaneiro de 2010

b) En relación coa elección dos membros da asemblea

xeral en representación dos impositores aos que

fai referencia a letra f) da alínea anterior, procederase

do seguinte xeito:

-Unha vez excluídos aqueles que non reúnan os

requisitos para pertencer á asemblea xeral, realizarase

un sorteo notarial para a designación de entre eles

de 24 membros, que se incorporarán á nova asemblea

e permanecerán nela durante un período dun ano.

-Os restantes 24 membros serán designados polo

procedemento que se sinala na letra f) da alínea

anterior.

c) Así mesmo, os actuais representantes dos traballadores

nos consellos de administración das caixas

de aforros manteranse neles un ano, sen prexuízo

dos membros adicionais que puideran incorporarse

por incrementarse o número total de membros do

consello de administración que lle correspondan a

ese sector. O mesmo seralle aplicable á metade dos

membros dos consellos de administración elixidos

polo sector dos impositores, sempre e cando cumpran

os requisitos para pertencer á asemblea xeral.

4. A asemblea xeral deberá reunirse con carácter

extraordinario no prazo máximo de dous meses desde

a entrada en vigor desta lei co fin de nomear os novos

membros do consello de administración e da comisión

de control, segundo as normas recollidas nesta lei.

Terceira.-Adaptación de estatutos e regulamento

dos órganos de goberno.

No prazo de seis meses desde a entrada en vigor

desta lei, as caixas de aforros con domicilio social en

Galicia deberán modificar os seus estatutos e regulamentos

dos órganos de goberno para a súa adaptación

ás disposicións que nela se conteñen.

Cuarta.-Autorización da non aplicación do artigo

26.1.f) do texto refundido da lexislación de caixas de

aforros de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo

1/2005, do 10 de marzo.

Malia o disposto no artigo 26.2 do texto refundido

da lexislación de caixas de aforros de Galicia, aprobado

polo Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de marzo,

e para os efectos de representar a entidade en

fundacións dependentes, a consellaría competente

en materia de política financeira poderá autorizar,

logo de petición razoada da entidade, a excepción da

aplicación do requisito do artigo 26.1.f) do citado

texto refundido para persoas que ocupasen postos

nos órganos de goberno no momento da entrada en

vigor desta lei e que non continuasen nestes tras a

renovación efectuada.

Quinta.-Excepción na aplicación da incompatibilidade

prevista no artigo 28 do texto refundido da

lexislación de caixas de aforros de Galicia, aprobado

polo Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de marzo.

Aos membros dos órganos de goberno que no

momento de entrada en vigor desta lei viñesen

desempeñando postos nos órganos de sociedades

participadas pola caixa de aforros en máis dun 20%

directa ou indirectamente, ou nas que exerza unha

posición de dominio, non lles será aplicable a incompatibilidade

establecida no artigo 28 do texto refundido

da lexislación de caixas de aforros de Galicia,

aprobado polo Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de

marzo, aínda logo de producida a renovación prevista

na disposición transitoria segunda desta lei.

Disposición derrogatoria

Única.-Fican derrogadas cantas disposicións de

igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta lei.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento regulamentario.

A Xunta de Galicia e a consellaría competente en

materia de política financeira, no ámbito das súas

respectivas competencias, ditarán as normas que

requiran o desenvolvemento e a aplicación desta lei.

Segunda.-Autorización para a elaboración dun texto

refundido.

Autorízase á Xunta de Galicia para que no prazo de

seis meses desde a entrada en vigor desta lei aprobe un

decreto lexislativo no que se refundan nun único texto

as sucesivas modificacións en materia de caixas de aforros

producidas desde a Lei 7/1985, do 17 de xullo.

Terceira.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa

publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de decembro de

dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

No hay comentarios: