Caixa Galicia «desengaiola» os seus libros durante a semana
- Localidad:
- OURENSE/LA VOZ.
- Fecha de publicación:
- 19/5/2010
- Libros de narrativa para adultos, infantil e xuvenil, poesía, ensaio ou de banda deseñada. De autores como Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Rosa Aneiros ou Fausto Isorna. Dende onte e durante toda a semana Caixa Galicia na capital leva a cabo a actividade Desengaiolando libros . A entidade financeira liberará libros que poderán ser recollidos e compartidos polos lectores que a súa vez poderán deixar os seus propios exemplares. A actividade pola mañá será nas oficina de O Paseo de 8.00 a 15.00 horas. Pola tarde a proposta realizarase na sede da fundación en Xoán XXIII con diferentes horarios: hoxe dende ás 20.00 horas, o xoves dende as 19.30 horas, o venres de 15.30 a 20.30 horas e o sábado de 09.30 a 14.00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario