lunes, 17 de mayo de 2010

Agas OURENSE: Caixa Galicia "ceiba" libros.Non se entende este desprezo a OURENSE



CARA AO 17 DE MAIO ·· "bookcrosing"

Caixa Galicia "ceiba" libros en seis cidades

"Desengaiolará" un cento de publicacións en cada unha das súas sedes

REDACCIÓN(GH

A Fundación Caixa Galicia celebrará hoxe o Día das Letras Galegas co programa "Desengaiolando libros", unha iniciativa coñecida popularmente como "bookcrossing" que consistirá en "ceibar" preto dun cento de libros en cada unha das súas sedes en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, A Coruña e Lugo, coa intención de que os cidadáns poidan collelos gratis e compartilos con outros lectores. Todos os usuarios poderán colaborar deixando outros libros a disposición dos lectores nos espazos acondicionados para esta iniciativa, que arrinca hoxe e durará ata o domingo 23 de maio. Entre os libros escollidos figuran títulos de narrativa para adultos (con autores como Carlos Casares, Manuel Rivas ou Suso de Toro, entre outros); de literatura infantil e xuvenil (con obras de Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre ou An Alfaya); poesía (Xosé Luís Méndez Ferrín, Xoán Fernández García ou Inma López Silva); ensaio (Carlos Fernández, Anxo Rey Ballesteros ou Xosé María Álvarez Cáccamo); e teatro (Euloxio Rodríguez Ruibal).

No hay comentarios: